A popular romaría do Monte Castelo de Burela será esta fin de semana
A popular romaría do Monte Castelo de Burela na que se darán cita xente de toda a comarca, será esta fin de semana do 21 ao 23 de xullo, e na que gozarán tanto da convivencia como das vistas do citado monte.
A xornada comezará o venres 21 ás 20.00 horas oficiarase a misa na Igrexa da Vila do Medio, dando paso ás 21.00 horas a unha chicharrada. Ás 23.00 horas, os asistentes desfrutarán das actuacións do grupo Tapyoca e un Dj.
O sábado 22, desde as 11.30 horas terá lugar a Festa Dj's locais e ás 14.00 horas dará comezo a sesión vermú amenizada polo grupo Arizona. Pola tarde, a partir das 18.00 horas terá lugar un concurso de disfraces con diferentes premios e despois haberá xogos para nenos. Ás 23.30 horas, o grupo Arizona animará a verbena xunto a un Dj.
O domingo 23, ás 13.00 horas oficiarase a misa seguida da procesión na honra a Nosa Señora dás Marabillas, e ao finalizar os actos relixiosos, dará inicio a sesión vermú a cargo do dúo Samba.