A Pontenova volve a gozar do BaixEo e FaragullEo

AMariñaXa
O BaixEo da Pontenova, unha das citas máis divertidas do verán, volve da man do CIT A Pontenova e o Concello
baixeo-Pontenova
31 Xul 2024

O BaixEo da Pontenova, unha das citas máis divertidas do verán, volve ao municipio o vindeiro 17 de agosto da man do CIT A Pontenova e o Concello. Nesta popular xuntanza cada participante pode levar a cabo o descenso polas augas do río Eo que atravesan a localidade utilizando todo tipo de ferramentas.

Os participantes reuniranse pola mañá na Chousa, na área recreativa do Pozo da Ola para que despois, ás 11.00 horas, sexa a saída ata Piegaponte e ás 12.00 horas cara ó coto de Salmeán. Xa ás 14.00 horas será a chegada ao Pozo da Ola. Como vén sendo habitual, para repoñer forzas despois do esforzo lúdico e deportivo, A Pontenova aproveita para dar a coñecer unha das súas comidas típicas, os faragullos, que misturan auga, leite, fariña de trigo, ovos e sal.

Este ano o Faragull-Eo acada a súa vixésima terceira edición. Para poder participar será necesario inscribirse, que ten un prezo de 15 euros e inclúe transporte das embarcacións, dereito a participar como comensal e camiseta e cunca de barro. Poderá facerse ata o 14 de agosto ingresando na conta ES96 2080 0137 4130 4000 1688 de Abanca e, para máis información, pódese chamar ao 982 342 292.

Na inscrición é preciso indicar o lugar dende o que se desexa comezar (Piegaponte ou Salmeán). Todos os que tomen parte deberán levar chaleco salvavidas.  O obxectivo principal da actividade é desfrutar do río e da contorna, polo que dende a organización piden a máxima precaución.

progama_baixeo_2024
0.20177292823792