A Pontenova vive a súa Semana Santa con procesión e música tradicional

A Pontenova prepárase para celebrar a Semana Santa cunha emotiva procesión que terá lugar o Xoves Santo, 17 de abril. Os actos litúrxicos comezarán ás 19:00 horas cunha misa, tras a cal, ás 19:30 horas, partirá a procesión polas rúas da vila.
O evento contará coa participación da Banda de Cornetas e Tambores da Asociación de Mulleres e Homes do Rural, que acompañará ás imaxes procesionais. Nesta ocasión, as confrarías do Cristo da Agonía e da Esperanza serán as encargadas de dar solemnidade ao desfile relixioso.
A organización deste acto corre a cargo da Asociación de Mulleres e Homes do Rural de A Pontenova, en colaboración co Concello, coa intención de manter viva esta tradición e ofrecer á veciñanza e visitantes unha celebración chea de fervor e simbolismo.