A Pontenova rexistra 12 casos nunha nova xornada á baixa na provincia
A provincia continúa reducindo o número de casos activos de covid de forma notoria e aumentando o número de concellos que quedaron libres da covid, agás en Guitiriz onde o virus está en descenso pero aínda con moitos casos. A vila con máis incidencia segue a ser a capital, aínda que está tamén á baixa malia o gromo detectado no barrio de Paradai.
Así, este luns son 795 casos activos, que son 43 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 63.
Rexistráronse nas últimas 24 horas 36 casos novos (onte foron 25), o que implica un novo aumento de novos contaxios, que levaban varios días por debaixo de 30. Ademais, as altas chegaron ás 10.561, 78 en 24 horas, o día anterior foron 97.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.559 casos rexistrados e 198 persoas falecidas.
A presión hospitalaria mantense sen cambios. Nas UCI hai 21 ingresados, todos no Hula, e en planta hai 43 enfermos, 29 no hospital de Lugo, 6 na Mariña e 6 en Monforte. O Polusa de Lugo ten tamén 2 enfermos.
POR COMARCAS
A Mariña
Cando a covid parecía eliminada, A Pontenova rexistra 12 casos mentres Viveiro reduce xa a 13. Alfoz súmase aos concellos sen incidencia nos últimos 15 días.
- Viveiro segue reducindo os casos con 13 en total, 5 menos que onte.
- A Pontenova debuta con 12 casos.
- Trabada, Alfoz e Lourenzá non teñen casos novos nos últimos 15 días.
Terra Chá
Nova xornada de reducción de casos con Vilalba xa en 24 e Guitiriz comezando a dobregar o gromo tamén cun descenso de 6 casos. Rompe a tendencia Outeiro de Rei, que suma 1 e As Pontes, que tamén sobe.
- Vilalba continúa á baixa con 24 casos, 7 menos.
- Guitiriz reduce 6 casos e queda en 111.
- Outeiro de Rei, pola contra segue sumando, 1 contaxio máis, ata 17.
- Pol, Abadín e Xermade están sen casos novos nos últimos quince días.
- No veciño Concello das Pontes sobe 2 casos ata 33.
Centro da provincia
Lugo volve sumar casos vinculados ao gromo rompendo a tendencia á baixa dos últimos días. Guntín tamén volve á zona de vixilancia con 10 casos e O Corgo non reduce.
- Lugo rompe a tendencia á baixa con 5 casos máis, 236 en total.
- O Corgo tamén mantén 22.
- Guntín volve a ter 10.
- A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como A Fonsagrada. Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia Cervantes e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.
Comarca de Sarria
Sarria e Láncara e Portomarín manteñen algún caso mentres o resto da comarca está case libre do coronavirus.
- Sarria mantén os 14 casos de onte.
- Samos, Triacastela, O Incio, Paradela e O Páramo están xa sen casos novos dende hai 15 días.
Ribeira Sacra
Monforte, que segue á baixa e é xa o único concello con máis de 10 casos aínda que cunha incidencia alta.
- A vila de Monforte contabiliza hoxe 60 casos, 2 menos.
- Bóveda e Folgoso do Courel están sen casos dende hai máis de 15 días.