A Pontenova prepárase para vivir a IX Festa da Malla

AMariñaXa
A cita celebrarase o sábado 23 de agosto cun completo programa de música, tradición e gastronomía
MALLA-DE-CASTRO2
18 Aug 2025

A Pontenova acollerá o sábado 23 de agosto a novena edición da Festa da Malla, unha xornada na que a tradición e a festa irán da man para goce de veciños e visitantes. A programación arrincará ás 12:00 horas co comezo da malla tradicional, unha demostración que recupera as tarefas agrícolas doutros tempos.

Ás 13:30 horas celebrarase a sesión vermú con JJ Compoña e María García Caamaño, que poñerán música á antesala da comida popular prevista para as 14:30 horas. O menú inclúe empanada, xamón cocido, churrasco, chourizos criollos e roxos, bebida, sobremesa e café. O prezo será de 20 euros para adultos e 12 euros para nenos ata 12 anos, coa venda anticipada de billetes ata o 22 de agosto en Zapatería Orli, Librería Eugenia e Pada.

A festa continuará ás 17:00 horas coa segunda parte da malla. Entre as 20:30 e as 21:30, a música de tardeo amenizará a espera para a tradicional competición de bolos preñados, que comezará ás 21:30 horas.

O broche de ouro chegará ás 22:30 horas coa verbena a cargo do DJ Bombardero, acompañado de novo por JJ Compoña —excompoñente da orquestra París de Noia— e María García Caamaño —exvocalista da orquestra Filadelfia—.

O evento está organizado polo Concello da Pontenova e conta coa colaboración de Amigos da Malla, Juan Lastra e empresas locais.

⚙ Configurar cookies
0.15618181228638