A Pontenova prepárase para a IX Ruta Ecuestre

AMariñaXa
O evento, que se celebrará o 12 de abril, combina paixón polos cabalos e gastronomía
equus_norte_a_pontenova
23 Mar 2025

A Pontenova acollerá o próximo 12 de abril a IX Ruta Ecuestre, unha xornada que unirá afeccionados ao mundo ecuestre nun percorrido polas fermosas paisaxes da zona. A actividade está organizada por Equus Norte e conta con numeroso apoio de patrocinadores locais.

A xornada comezará ás 10:00 horas cun café no Lar de Balbina. A saída oficial terá lugar ás 10:30 desde a área recreativa do "Pozo da Ola". Ao rematar a ruta, os participantes poderán gozar dun xantar de convivencia no Hotel-Restaurante San Briz.

O prezo da inscrición é de 30 euros, con tarifa reducida de 15 euros para nenos. Aqueles que desexen asistir unicamente á comida poden adquirir os tickets no propio restaurante. As inscricións estarán abertas ata o 10 de abril.

Ademais da ruta a cabalo, o evento contará cun ambiente festivo amenizado polo DJ Bombardero. A organización lembra que cada xinete será responsable dos posibles danos ocasionados polo seu cabalo.

⚙ Configurar cookies
0.051880121231079