A Pontenova prepara tres cursos para potenciar os recursos dixitais
AMariñaXa
O Concello da Pontenova organiza un programa formativo online coa finalidade de potenciar as habilidades e recursos dixitais
25 Xan 2022
O Concello da Pontenova prepara para o mes de febreiro tres cursos online sobre turismo e comercio. O primeiro deles será o día 9 en horario de 19.00 a 21.00 horas e trataranse as ferramentas dixitais de atención ao cliente.
No segundo, o día 16 de febreiro e de 19.00 a 21.00 horas, falaranse sobre aplicacións para empresas e outros sistemas de comunicación como Whatsapp.
Xa por último o día 23 será o curso sobre redes sociais, Instagramn para o teu negocio, tamén en horario de 19.00 a 21.00 horas.
Para participar será necesaria a previa inscición na web turismoapontenova.es.
Este é un programa formativo online organizado polo Concello e Turismo da Pontenova, coa finalidade de potenciar as habilidades e recursos dixitais dos que dispoñen os diferentes negocios locais no ámbito do turismo e o comercio.