A Pontenova prepara a Xuntanza de Vespas, motos e coches clásicos
O Concello da Pontenova organizará para os días 4, 5 e 6 de decembro a súa tradicional Xuntanza de Vespas, motos e coches clásicos dentro da celebración da XIV edición da Feira de Artesanía e Antigüidades.
Para participar na xuntanza haberá que facer previa inscrición de 15 euros por vehículo e será na praza dos Fornos a partir das 11.00 horas.
Haberá trofeos para os vehículos máis antigos, mellor conservados, máis lonxe e o máis veterán.
Por outra banda, a feira terá lugar tamén na praza dos Fornos onde se instalarán como noutras ocasións numerosos postos de artesanía de diferentes zonas xeográficas españolas, onde se expoñen artigos de cestaría, carpintería, complementos en tea, xoiería ou coiro.
O evento podería contar tamén coa presenza de artesáns que realizarán talleres en vivo sobre torno de madeira, a cestaría en vimbio, a forxa de ferro, a pintura decorativa, o coiro e sobre ecolámpadas de cabaza, malia depende das medidas sanitarias.