A Pontenova prepara a sétima foliada da Chocolateira

AMariñaXa
A Asociación Musical A Chocolateira organiza a cita e programa actuacións musicais, xogos tradicionais e actividades
foliada_a_chocolateira
Cartel da foliada
28 Maio 2024

A Asociación Musical A Chocolateira da Pontenova organiza a súa sétima foliada este sábado 1 de xuño con actuacións musicais, xogos tradicionais e actividades. As actividades empezarán ás 12.00 horas cunha actuación de Branca Villares sobre Os Maios. Despois haberá sesión vermú con A Chocolateira e ás 14.00 horas terá lugar a actividade Honra os nosos gaiteiros.

De 15.30 a 17.00 horas será o xantar, para o que hai que levar a comida. A continuación, haberá billarda e xogos tradicionais a cargo de Troitas Bravas e Xotramu e para as 18.00 horas está programado un concerto infantil de Paco Nogueiras, a continuación actuará o grupo Toxo Queimado e ás 21.00 empezará a cea. Rematarán os actos cun concerto do grupo De Ninghures, ás 22.00 horas.

foliada_chocolateira_a_pontenova
0.16664814949036