A Pontenova organiza un magosto e unha andaina para novembro
AMariñaXa
O Concello da Pontenova organiza un magosto popular para o 6 de novembro, que ademais de contar con este popular manxar haberá unha andaina.
26 Out 2021
O Concello da Pontenova organiza un magosto popular para o 6 de novembro, que ademais de contar con este popular manxar haberá unha andaina.
A xornada dará comezo ás 9.30 horas na praza dos Fornos para así iniciar a andaina ás 10.00 horas. Ás 13.30 horas será o remate e a recollida dos sendeiristas en autobuses para que ás 14.00 horas poidase desfrutar dun xantar na praza dos Fornos.
Este xantar está constituído por empanas e castañas asadas e ten un prezo de 5 euros por participante, e nel está incluído o transporte, seguro e xantar.
O pago da inscrición haberá que formalizalo a través de ingreso bancario antes do martes 2 de novembro.