A Pontenova organiza un ano máis a Concentración de Asociacións de Sendeirismo
A Pontenova organiza un ano máis, a Concentración de Asociacións de Sendeirismo e tempo libre de Asturias e Galicia, que este ano volve repetir edición tralo parón da pandemia.
Será o 7 de maio e consistirá nun percorrido programado pola ruta das Reigadas, de 8,1 quilómetros de dificultade medioa alta. Pero tamén haberá un percorrido opcional, o da ruta da Seimeira máis o último tramo das Reigadas, 8,6 quilómetros de dificultade media.
Estes roteiros comezarán ás 9 da mañá coa concentración dos participantes na praza dos Fornos, para despois dar comezo ás rutas e ao mediodía haberá un xantar a base de bolos de liscos, bolos preñados, sobremesa e bebidas.
Pola tarde será o sorteo de prendas de trekking entre os asistentes que consistirán en prendas de trekking, ceas, estancias de hoteis, etc.
Para participar é necesario inscibirse gratuitamente chamando ao 982 342 101, 697 532 809 ou no emial turismo@concellodapontenova.org antes do 4 de maio.