A Pontenova ofrece unha charla formativa sobre a compostaxe doméstica

AMariñaXa
Tamén se repartirán 80 composteiros previa inscrición
compostaxe-domestica-begonte-compostador-portada
Foto recurso
25 Ago 2024

A Pontenova continúa a dinamizar a oferta de actividades e charlas que poidan ser de interese para a súa veciñanza. O Concello programa unha charla formativa sobre a compostaxe doméstica. A cita será o vindeiro 27 de agosto a partir das 10.30 horas.

A charla conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Ministerio. Tamén se repartirán 80 composteiros previa inscrición. O termo de compostaxe doméstica escóitase cada vez con máis frecuencia e consiste nunha práctica pola cal as familias poden converter os residuos orgánicos do fogar en compost ou fertilizante natural, listo para ser empregado en xardíns ou hortos.

0.17459917068481