A Pontenova ofrece un curso de prevención dos ataques da fauna silvestre

AMariñaXa
O vindeiro 26 de abril a Casa da Cultura da Pontenova acolle un curso sobre a prevención para os ataques de fauna silvestre.
9 Abr 2024

O vindeiro 26 de abril a Casa da Cultura da Pontenova acolle un curso sobre a prevención para os ataques de fauna silvestre. Trátase dunha proposta de balde e que estará aberta ao público xeral. O xantar terá lugar no hotel restaurante San Fiz.

Os interesados deben realizar a súa inscrición para o curso e comida a través do 669 128 946 ou  a través do correo ovica@ovica.org. O programa comezará a partir das 9.00 horas da man de Óscar Caho Penabad da Asociación Rebinxe que achegará coñecemento sobre a fauna silvestre para saber como protexer ao gando.

Posteriormente, será a quenda de José Vicente López, científico do CSIC que falará sobre os sistemas eficaces de protección contra ataques. O programa continuará xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, coa visita á granxa de Alejandro Salvatierra.

0.19152307510376