A Pontenova fará que a xente mova o esqueleto cun guateque

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello da Pontenova e a asociación de Mulleres Rurais organizan un guateque dos anos 60, cunha cea e un baile que terá lugar o 16 de novembro no local das sociedades.
antenas
31 Out 2019

O Concello da Pontenova e a asociación de Mulleres Rurais organizan un guateque dos anos 60, cunha cea e un baile que terá lugar o 16 de novembro no local das sociedades.

A comida estará servida polo restaurante Lar de Balbina, ás 22 horas e despois, entre os asistentes repartiránse regalos e participarán en sorteos de premios. En xeral, a organización prevé que sexa unha noite de sorpresas.

Os socios aboarán 18 euros e os que non o sexa, 20 euros e os tíckets pódense retirar no devandito bar e tamén na tenda de Teresa.

A organización clarexa que o que non poda ir cear, pode ir bailar e o mellor é que se vaia caracterizado, pero non é necesario. Tamén haberá un disc jockey para continuar a festa todo o posible.

0.12170886993408