A Pontenova facilita a conciliación cun campamento de verán
AMariñaXa
Ten un prezo, para dúas semanas, de 70 euros para os non empadroados e de 30 para os empadroados
Imaxe de arquivo
30 Xuño 2024
A Pontenova abre o prazo para o seu campamento de verán. Terá lugar do 15 de xullo ao 16 de agosto, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Está dirixido a nenos de 3 a 14 anos e hai 50 prazas que se ofertan por orde de inscrición. Os interesados poden facer a súa inscrición ata o 10 de xullo na Casa do Concello. Ten un prezo, para dúas semanas, de 70 euros para os non empadroados e de 30 para os empadroados. No caso de solicitar as 4 semanas, custa 100 e 50 respectivamente.