A Pontenova, epicentro da pesca fluvial na 44ª edición da Festa da Troita

AMariñaXa
A 43ª Festa da Troita do Concello da Pontenova xa comezou cos preparativos da cita deportiva que será os días 29 e 30 de abril e 1 de maio.
30 Abr 2024

A Pontenova celebra a 44ª Festa da Troita, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Turístico Deportivo Nacional. Odile Rodríguez de la Fuente, filla do divulgador ambientalista Félix Rodríguez de la Fuente, será o encargado de ler o pregón nesta nova convocatoria.

Dentro das actividades para menores e familias, este martes comezará a xornada ás 9.00 horas cunha demostración de Eugenio Linares, escultor con motoserra. Xa pola tarde ás 19.00 horas inaugurarase a Troita máis grande do mundo, unha escultura feita polo alumnos do IES Enrique Muruais da Pontenova para homenaxear á popular festividade da localidade.

O presidente do Centro de Iniciativas Turísticas, Francisco Rois, sinalou que “será de 8 metros, 35 centímetros máis que a que hai en Míchigan, Estados Unidos, que ten 7,65 metros”. Xa ás 19.30 horas será a inauguración das Pedras de Honra no paseo do Pescador, ás 20.15 horas farase unha visita ao Museo da Pesca, e ás 21.00 horas será a entrega das distintas Troita de Ouro a Odile Rodríguez de la Fuente, á Semana Internacional de la Trucha de León, a Roberto Fernández Rico, alcalde de Ribeira de Piquín, a Pascal Cognard, tres veces campión do mundo, e Ramón Castro.

Media hora máis tarde, ás 21.30 horas, será o pregón e despois abrirase a caseta e a degustación de troitas, todo elo amenizado polas orquestras Cinema e Capitol. O mércores 1 de maio pola mañá farase o concurso de Pesca de lance, salmón e mosca, e ao remate, arredor das 13.30 horas, será a pesaxe e a clasificación. Xa ás 18.00 horas será a entrega de premios no salón de actos da casa da cultura. Pola tarde poderase desfrutar do III Campionato de Billarda Festa da Troita.

0.15652418136597