A Pontenova despedirá o ano cunha gran festa na Praza dos Fornos

AMariñaXa
O evento contará coa actuación do Grupo Fénix e do DJ Bombardero, ademais de cotillón e chocolatada popular nunha carpa climatizada
festa-fin-de-ano-pastoriza-portada
24 Nov 2025

Concello da Pontenova prepara unha despedida de ano por todo o alto. A Praza dos Fornos acollerá a tradicional festa de Fin de Ano, organizada polo Concello coa colaboración do CIT e Motoreo, nun ambiente festivo pensado para veciños e visitantes que queiran dar a benvida a 2026 sen saír do municipio.

A celebración desenvolverase baixo unha carpa climatizada, que permitirá gozar da noite con comodidade a pesar das baixas temperaturas. O programa inclúe cotillón, chocolate con churros, callos, entrecosto e outras degustacións, ofrecendo unha ampla proposta gastronómica para todos os públicos.

A partir da 1:00 da madrugada, a música será a gran protagonista coa actuación do Grupo Fénix, seguida da sesión do DJ Bombardero, que animará a festa ata ben entrada a madrugada. Ademais, o evento contará cun restaurante móbil para atender aos asistentes durante toda a noite.

Desde o Concello subliñan que esta cita “é unha oportunidade para celebrar en familia e entre amigos, gozando dun ambiente alegre e seguro no corazón da vila”. A festa promete converterse, un ano máis, nun punto de encontro para despedir o ano con bo ritmo e mellor ánimo.

⚙ Configurar cookies
0.14688897132874