A Pontenova convértese nun escenario máxico cunha fin de semana chea de ilusión, humor e espectáculo

AMariñaXa
O festival “Magic Show” celebrarase os días 25, 26 e 27 de xullo con espectáculos para todas as idades e unha Ruta Mágica polos locais da vila
A-Pontenova-praza-dos-fornos
8 Jul 2025

A Pontenova prepárase para vivir unha fin de semana inesquecible da man do festival “Magic Show”, unha cita xa consolidada que enche de fantasía e ledicia as rúas e prazas da localidade durante tres días consecutivos. Do 25 ao 27 de xullo, o municipio transformarase nun auténtico escenario de ilusión grazas á presenza dalgúns dos mellores magos do panorama nacional.

A programación arranca o venres 25 cunha animada sesión vermú acompañada de comida popular e, xa pola noite, unha cea con churrasco e espectáculos que darán o pistoletazo de saída ao festival.

O sábado 26 será o día grande da maxia para os máis pequenos, coa “Gala de Maxia Infantil” ás 12:30h na Praza dos Fornos, onde Edu el Mago fará as delicias do público miúdo. Pola tarde, os espectáculos chegan á Residencia de Maiores, coa participación de Edu, Roberto Lolo e Sara Rodríguez.

A partir das 19:30h terá lugar a xa tradicional Ruta Mágica, que levará a maxia aos bares e locais da vila con actuacións itinerantes de artistas como Miguel Ángel Gea, Adrián, Sara Rodríguez, Miguel Muñoz ou Edu el Mago. A xornada pecharase cunha sorprendente Gala de Hipnose, a partir das 23:30h na Casa da Cultura, a cargo de Toni Pons.

O domingo 27, a festa continúa cunha “Gala de Maxia Familiar” ao mediodía, e como broche final, a “Gran Gala Máxica” ás 20:00h na Casa da Cultura. Nela participarán recoñecidos ilusionistas como Miguel Ángel Gea, Celia Muñoz, Toni Pons, Miguel Muñoz ou Edu el Mago, con Roberto Lolo como mestre de cerimonias.

Organizado polo Concello da Pontenova e o club de motociclistas "O Castelo", o evento conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e varias entidades locais. O obxectivo é ofrecer unha alternativa cultural e familiar que dinamice o verán e atraia visitantes á vila.

Festival Internacional de Maxia A Pontenova
⚙ Configurar cookies
0.16900396347046