A Pontenova contará con programación do ciclo Cultura no Camiño

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello da Pontenova acollerá nos vindeiros días propostas culturais da man de Cultura no Camiño+, o ciclo impulsado pola Xunta de Galicia que ata o 15 de outubro celebra a súa oitava edición, nunha versión ampliada que estende a súa programación a preto de 150 de concellos de toda Galicia, 36 deles na provincia de Lugo, no marco do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19.
Rúa San Xoán
30 Aug 2020

A Pontenova súmase á programación e a casa da cultura ofrecerá a obra de teatro Duncan can de palleiro o día 5 ás 19,00 h., así como o espectáculo de maxia A volta a Galicia en 313 concellos o día 13 ás 12.00 horas na praza dos Fornos.

Cómpre lembrar que as anteriores convocatorias dese ciclo centrábanse exclusivamente nos concellos situados no Camiño de Santiago, pero este ano ábrese a todos os municipios. Así, ofreceranse arredor de 450 citas coa música, o teatro, o novo circo, a danza e a maxia producidos de xeito profesional en Galicia, tanto en espazos ao aire libre como en recintos pechados, e garantindo sempre a seguridade do público, ademais da dos equipos técnicos e artísticos.

O obxectivo é impulsar a contratación de espectáculos galegos, ao tempo que contribuír á dinamización cultural dos municipios da comunidade, especialmente dos de menor poboación. De feito, dos 149 concellos de Cultura no Camiño +, 140 contan con menos de 20.000 habitantes. Nestes casos, dispoñen dunha achega de 4000 euros por parte da Xunta (fronte aos 2500 do ano pasado), que asume así o 80% dos custos das contratacións artísticas. Para os municipios de maior poboación, a subvención sitúase nos 4800 euros (3500 euros en 2019), cun incremento ata o 60% na porcentaxe de contratación que asume economicamente o Goberno autonómico.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16965794563293