A Pontenova conta cun novo plan activo para o 23 de xullo

AMariñaXa
O Concello da Pontenova conta cun novo plan activo para este tempo estival no que propoñen unha ruta guiada entre Taramundi e as Minas
obras praza da catedral mondonedo marzo 2022
13 Xul 2022

O Concello da Pontenova conta cun novo plan activo para este tempo estival no que propoñen unha ruta guiada entre Taramundi e as Minas do Concello.

Esta actividade será o 23 e xullo e comezará no Museo de la Cuchillería de Taramundi cunha visita guiada ás 10.00 horas para despois facer a ruta da Veiga de Sarza ás 11.00 horas a pé para coñecer a historia dos ferreiros.

A media mañá haberá un minibús que levará aos asistentes ata a Pontenova para desfrutar dun aperitivo e así iniciar a ruta dos Fornos con máis forza. Esta ruta contará cia visita á Mina COnsuelo e o descenso en tirolina.

Xa ás 14.30 rematará a xornada e haberá de novo un minibús para regresar ata Taramundi.

O prezo inclúe una consumición con tapa no túnel do Bar Puente da Pontenova. As consumicións a maiores serán a cargo de cada persona.

Toda a información e reservas en: www.tirolinadasminas.com

0.23138403892517