A Pontenova comeza a conta atrás para celebrar as súas patronais
AMariñaXa
Panorama, Tekila, Pedro Brmudz e o Dj Bombardeo actuarán nas festas da vila
2 Out 2024
A Pontenova comeza a conta atrás para celebrar as súas patronais no mes de outubro. A vila comezará as súas festas o día 4 cunha verbena da man de Tekila, Pedro Brmudz e o Dj Bombardeo. A celebración continuará o sábado 5 con sesión vermú e verbena con Costa Dorada, Pedro Brmudz e o Dj Bombardeo. Nesta xornada tamén organizan a vixésimo quinta Queima dos Fornos. O programa continúa o día 6 con sesión vermú e pasacalles con Chocolateira ademais dunha verbena coa orquestra Panorama, Suavecito, Pedro Brmudz e o Dj Bombardeo. O broche de ouro terá lugar o luns 7 con sesión vermú con Epo-K.