A Pontenova celebrará unha verbena no forno do Boulloso polo San Xoán
AMariñaXa
O Concello da Pontenova acollerá a noite do xoves 23 de xuño a fogueira ou cacharela de San Xoán, na que haberá verbena no forno do Boulloso.
22 Jun 2022
O Concello da Pontenova acollerá a noite do xoves 23 de xuño a tradicional fogueira ou cacharela de San Xoán, na que contarán con verbena no forno do Boulloso.
A organización informa de que a verbena será a partir das 22.00 horas e contará coa actuación musical da Asociación Musical A Chocolateira. Ademias haberá chourizo á grella e pan e servizo de bar para os asistentes.
Por outra banda, os invitados poderán asistir a un servizo especial de tirolina de 21.00 a 23.00 horas para celebrar o solsticio de verán a un prezo especial.