A Pontenova celebrará as festas do 9 ao 11 de outubro
O Concello da Pontenova informou de que o 9, 10 e 11 de outubro celebraranse as festas da vila na que haberá grandes actuacións.
O sábado 9 comezarán as festas cunha sesión vermú de 14.00 a 15.30 horas, e xa pola noite será a verbena de Blanco y Negro e despois de Ocaband. Ás 23.00 será a tradicional tirada de fotos, o simbólico acto en recoñecemento da Queima dos fornos.
Xa o domingo actuará a Banda de Meira de 13.00 a 13.45 e de 15.00 a 15.45 horas, acto seguido será a sesión vermú e pola noite volverá a música ás 21.30 horas con Blanco y Negro e París de Noia.
Por último, o luns 11 volverá a sesión vermú e a m´suica pola noita ás 21.30 horas con Blanco y Negro e os Satélites.
Haberá dúas zonas de entrada e unha de saída perfectamente indicadas así como zona de bar e de bailes perfectamente indicadas.
Dende a organización lembran que as festas levarán a cabo todas as medidas sanitarias, que o acceso ao campo estará controlado e que será necesario descargar a aplicación de Orquestas de Galicia, que xerará un código Qr que será lido na entrada e saída da festa, e se alguén non ten o código os datos de rexistro faranse manualmente.