A Pontenova celebra o seu Entroido infantil con xogos e baile

O Entroido chega tamén aos máis pequenos de A Pontenova. Este domingo 15 de febreiro, ás 17.00 horas, o pavillón Tito Margaride converterase nun espazo de diversión con xogos, música e baile para toda a infancia.
A cita está organizada pola CIT A Pontenova, coa colaboración do Concello, que busca ofrecer unha actividade lúdica e participativa para os nenos e nenas da vila. Durante a tarde, os participantes poderán gozar de diferentes xogos e animacións musicais, nun ambiente festivo que se enmarca nas celebracións de Entroido.
A actividade promete ser unha ocasión para que os máis pequenos disfruten disfrazados, bailen ao ritmo da música e compartan unha tarde de festa con familiares e amigos, mantendo viva a tradición carnavalesca na localidade.