A Pontenova celebra o magosto coa ruta Sanxés-Vilarxubín

AMariñaXa
Despois de andar haberá castañas asadas e empanada para xantar
magosto-a-pontenova
11 Nov 2024

A Pontenova acolle o seu magosto este 16 de novembro ás 9.30 horas onde se concentrarán os participantes na Praza dos Fornos. Ás 10.00 horas efectuarase a saída cara o punto de comezo da ruta Sanxés-Vilarxubín. Consta de 4,6 quilómetros de distancia e unha dificultade media.

Ás 14.00 horas está prevista a chegada á Praza dos Fornos e haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.

Desde a organización informan que o prezo da inscrición é de 7 euros por participante e inclúe o transporte, o seguro RC e o xantar. O pago da inscrición realizarase a través do ingreso no seguinte número de conta (C.I.T A Pontenova): Abanca ES96. 2080. 0137. 4130. 4000. 1688. Non concepto deberá figurar ‘Magosto 2024’ e o nome de cada un dos participantes que se inscriban. A data límite para efectuar a inscrición é o xoves día 14 de novembro.

0.14525890350342