A Pontenova celebra esta fin de semana a XLII Festa da Troita
A XLII edición da Festa da Troita da Pontenova pechou o seu programa de actividades e terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio. Este evento está declarado como Festa de Interese Turístico Galego e tamén de Interese Turístico Deportivo Nacional.
A apertura para as inscricións do concurso de pesca modalidade lance comezará o día 17 de abril a partir das 20.00 horas e ata o día 23, haberá prazas limitadas aos primeiros 60 inscritos.
PROGRAMA
O martes 30 de abril ás 14.00 horas haberá unha sesión vermú con disco móbil Chocolate amenizando o petisco para dar paso ás 20:00 horas entregaranse os recoñecementos Troitas de Ouro que este ano recaerán en Ignacio Rojo Herguedas, biólogo, editor e presentador do programa Caza y pesca de Movistar +; a Rubén Santos Becerro, campión de España de pesca a mosca, todo un experto na pesca dos salmónidos; e á Plataforma Veciñal Mina de Touro-O Pino Non.
Acto seguido, ás 21:00 horas, o xornalista e pescador Xabier Fortes lerá o pregón e dará paso a apertura da caseta e degustación de troitas que contará coa verbena a cargo de Cinema e a disco móbil de Chocolate.
Fortes é Licenciado en Ciencias da información pola Universidad Complutense e que desenvolveu toda a súa carreira profesional en TVE contando con unha dilatada experiencia como editor e presentador de informativos e condutor de espacios de debates e entrevistas. Na actualidade é director e presentador de La noche en 24 de TVE.
O 1 de maio, ás 9:00 horas darán comezo os concursos de pesca (lance, salmón e mosca) e a II Ruta de Sendeirismo Festa da Troita Vía Verde. Despois haberá unha sesión vermú para rematar o concurso a cargo do grupo Salsarena e ás 18:00 horas entregaranse os trofeos aos gañadores dos concursos no salón de actos da casa da cultura.
RUTA SENDEIRISMO
Alén da 43ª Festa da Troita do Concello de A Pontenova, o CIT en colaboración co Concello organiza a II ruta Festa da Troita.
Esta andaina, que se celeebrará o 1 de maio, dará saída ás 9.30 horas coa concentración dos participantes na praza dos Fornos para a continuación subirse aos buses que os levarán cara a ruta.
A volta será ás 13.30 horas xunto coa finalización do concurso de pesca e así poderase proceder á pesaxe e clasificación das capturas polos pescadores.
Durante o percorrido da ruta poderase observar os lances efectuados polos pescadores participantes no concurso en todas as súas modalidades.
Para anotarse, antes do 29 de abril, haberá que formalizar a inscrición no email de turismo@concellodapontenova.org, no teléfono 982 342 101 ou 696 532 809 ou na propia oficina de turismo.