A Pontenova celebra as súas festas patronais de San Esteban


A Pontenova celebra as súas festas patronais de San Esteban esta fin de semana con verbenas e churrascada popular. O venres 31 haberá cea popular a partir das 22.00 horas e verbena amenizada por Verónica Cambón e Disco Bombardero.
O programa continúa o sábado con misa solemne e procesión, así como tamén sesión vermú e verbena co grupo Alba.