A Pontenova celebra a oitava edición da Festa da Malla

AMariñaXa
A cita comeza ás 12.00 horas coa malla, á que lle seguirá unha sesión vermú co trío Zafir
fogos-artificiais-festas-patronais
20 Ago 2024

A Pontenova prepárase para celebrar unha nova edición da Festa da Malla, que chega este sábado a súa oitava convocatoria. A cita comeza ás 12.00 horas coa malla, á que lle seguirá unha sesión vermú co trío Zafiro. Xa ás 14.30 horas terá lugar a comida popular a base de empanada, xamón cocido, churrasco e chourizos, ademais de sobremesa e café por un prezo de 12 euros.

A malla continuará pola tarde, a partir das 17.00 horas e logo os asistentes poderán gozar dunha sesión musical da man do Dj Bombardero, que tamén actuará pola noite acompañado do trúo Zafiro.

festa da malla a pontenova
0.12988901138306