A Pontenova busca unha nova comisión para organizar as festas patronais de outubro

O Concello de A Pontenova iniciou a busca dunha nova comisión de festas que se encargue da organización das celebracións patronais do mes de outubro. Co obxectivo de garantir a continuidade destes festexos, o goberno municipal fai un chamamento á participación veciñal e convida a todas as persoas interesadas a sumarse á iniciativa.
Para tratar esta cuestión, o Concello convoca unha reunión informativa mañá ás 21:00 horas na Casa da Cultura. Neste encontro explicaranse os requisitos e funcións da comisión, así como as posibles liñas de traballo para preparar os festexos.
Desde o Concello lembran que aquelas persoas que queiran formar parte da nova comisión pero non poidan asistir á reunión poden obter máis información ou manifestar o seu interese chamando ao teléfono 982 342 277.