A Pontenova alerta do risco do río en Xinzo e Vilarmide

O Concello informou recentemente sobre a situación preocupante que presenta o río na zona alta de Xinzo e Vilarmide. Segundo explican desde a administración local, “xa fai tempo pedimos á Confederación Hidrográfica que interviñese, porque o río estaba en moi mal estado, hai moitas árbores derrubadas e moita maleza”.
Francisco Javier Rois, concelleiro de Medio Ambiente, sinalou que “o que nos contestaron é que o tramo urbano era cousa do Concello da Pontenova, pero non contestaron ao importante, o da parte de arriba”, explicou, deixando claro que se trata dunha zona que require atención inmediata para evitar incidentes.
Desde o Concello expresan a súa preocupación pola falta de actuacións e critican a pasividade das administracións competentes. “Non sabemos se o que queren é que quede así e que a xente non pasee ou se esqueza desde medio natural”, afirmou unha fonte municipal, alertando do risco que representan as condicións actuais, especialmente ante previsións meteorolóxicas adversas.
Os responsables municipais subliñan que a limpeza e mantemento deste tramo do río é fundamental non só para a seguridade da vila, senón tamén para preservar a contorna natural e permitir o uso público das zonas ribeiregas de forma segura e sostible.