A Pontenova acollerá un curso de manipulación de alimentos

O Concello da Pontenova, en colaboración coa Cruz Vermella e AFAMMER, organiza un curso de manipulador de alimentos e hixiene alimentaria que terá lugar o sábado 20 de setembro, entre as 9:00 e as 13:00 horas, no Centro Social Blanca Muruais de Saldoria.
A iniciativa busca mellorar a capacitación das persoas participantes en materia de seguridade e prevención, ofrecendo coñecementos prácticos sobre o manexo correcto dos alimentos, a conservación axeitada e as boas prácticas de hixiene para evitar riscos sanitarios.
A actividade conta co apoio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Igualdade e o programa Corresponsables, enmarcándose dentro das accións de formación e inserción laboral destinadas a veciños e veciñas do municipio e da contorna.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición chamando ao 619 679 667, ata cubrir prazas.