A Pontenova acollerá clases de baile os sábados

AMariñaXa
A Asociación Eofusión A Pontenova, do Concello da Pontenova, organiza para este novo ano 2023 unha serie de clases de baile a cargo da profesora Sybille Doucet.
5 Xan 2023

A Asociación Eofusión A Pontenova, do Concello da Pontenova, organiza para este novo ano 2023 unha serie de clases de baile a cargo da profesora Sybille Doucet.

Estas citas serán os sábado de 21.00 a 22.00 horas no local do Museo do Salmón e darán comezo o sábado 7 de xaneiro.

Para asistir será necesario anotarse chamando ao 603 492 621 ou falando con alguén da organización.

0.10193204879761