A Pontenova acolle os vindeiros 26, 27 e 28 de xullo o 4º Festival Internacional de Maxia
A Pontenova acolle os vindeiros 26, 27 e 28 de xullo o 4º Festival Internacional de Maxia organizado por Motoreo A Pontenova, que acollerá a presenza de diversos artistas da maxia a nivel nacional e internacional.
Así, o venres 26 ás 20.00 horas comezará o evento con mariachi Sol de Galicia polos bares da vila e ás 00.00 horas actuarán os magos Raymon e Román García no Lar de Balbina, mentres que ás 01.00 horas será a quedan de Nuel Galán e Samuel Pons en Pub Rony.
Pola súa parte, durante o sábado 27 de xullo a maxia comezará ás 12.30 horas cunha Gala de maxia infantil na praza dos Fornos con Jessica Guloomal, Edu el Mago e Raymon.
Xa á tarde, ás 17.00 horas actuará o mago Román García na residencia de maiores e ás 17.30 horas fará o seu Samuel Pons, para logo dar lugar, ás 19.30 horas á ruta máxica no San Briz, Barreiros, Bar Puente, O Lar de Balbina, Sidrería A Mina e Pub Rony con Román García, Roberto Lolo, Samuel Pons e Raymon. A festa rematará cunha cea na praza dos Fornos, seguida dunha Gala de maxia, festa con Dj e violinista.
Con respecto ao domingo, 28 de xullo, ás 12.30 horas haberá de novo unha gala de maxia infantil na praza dos Fornos, neste caso con Roberto Lolo, Samuel Pons e Edu el Mago; na que ademais tamén haberá Dj, hinchables e animación.
Para rematar, ás 20.00 horas celebrarase a Gran Gala Final de Maxia na Casa da Cultura ata completar aforo da man de Raymon, Jessica Guloomal, Edu el Mago, Yao Xinge y Nuel Galán.