A Pontenova abriu a piscina municipal por San Xoán e ten actividade ata as nove da noite
TerraChaXa | AMariñaXa
28 Xuño 2019
Os pontenoveses desfrutan, dende o pasado 24 de xuño, día de San Xoán, das súas piscinas municipais, abertas cada día dende a unha da tarde ata as nove da noite.
A concelleira de servizos sociais, Isabel Couto, avanza que na instalación vanse desenvolver cursos de iniciación e de perfeccionamento de natación, ao longo do mes de xullo, se ben os horarios están pendentes de concretar.