A Ponte dos Santos recupera a súa iluminación

TerraChaXa | AMariñaXa
7 Jan 2019
A Ponte dos Santos recuperou estes días a iluminación que perdeu hai anos. Foi nun acto previsto no que o alcalde, Fernando Suárez, asegurou que rematará así este tempo no que foron sometidos Ribadeo e Castropol. O rexedor lembrou que durante moito tempo lle foi solicitado ao goberno do Estado que volvese iluminar esta infraestrutura, algo que non se produciu ata a chegada do novo ministro de Fomento.

Fernando Suárez dixo: "por fin vaise rematar este período de varios anos de infamia á que nos tivo sometido o goberno do Estado coa súa cabezonería de non iluminar a Ponte dos Santos".
Para o alcalde ribadense "é unha situación terrible, que foi denunciada polo Concello de Ribadeo en numerosas ocasións, pedida por escrito formalmente ao goberno do Estado varias veces, tanto por parte dos plenos de Ribadeo e de Castropol como das Alcaldías dos dous lados. Sinceramente, desde Ribadeo, chegamos a dicirlles aos responsables do goberno do Estado que de chegar a haber algún accidente ou algún incidente por esa falta de luz, serían responsables penais de todo o que puidese ocasionar".
O rexedor lembrou que "isto tivo que ver con esta misiva que lle volvemos mandar ao novo ministro de Fomento deste novo goberno dicindo que non podían seguir marxinando esta Ponte dos Santos, polos veciños dun lado e doutro da ría de Ribadeo, pola inxente cantidade de peregrinos que usan o Camiño Norte cada vez en máis número, e pola situación dunhas beirarrúas tan estreitas nun clima de vento na época de inverno que o fan realmente perigoso".
Suárez Barcia sinalou que "por fin o goberno do Estado cumpriu a palabra dada e en poucos meses como vai ser mañá, cumprirá e acenderemos as luces. Non será como o alumeado de Vigo, por poñer unha nota de humor, pero si que será un bo regalo de Reis porque pese a que non era moito diñeiro sempre nos foi negado desde o goberno do Estado, pese a que a Xunta de Galicia, por máis que llo pedimos, non fixo absolutamente nada. Agora en moi poucas semanas, dixeron que si, puxérono a andar e mañá acabará a noite da infamia de seis ou sete anos".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17658996582031