A Policía Local de Foz controla a velocidade este verán cun vehículo da DGT
A Policía Local de Foz controla a velocidade nas rúas este verán cun vehículo cedido pola DGT. O alcalde, Fran Cajoto, explicou: “grazas á cesión da Dirección General de Tráfico contamos cun vehículo co que estamos a controlar a velocidade nas nosas rúas.O obxectivo non é sancionar senón calmar o tráfico e que precisamente nos momentos nos que xa contamos con gran afluencia de visitantes non se produzan riscos de atropelo e que o pobo funcione con normalidade. Por iso o vehículo é moi visible, o radar irá debidamente sinalizado e pedimos a maior das precaucións: coidadiño ao volante, especialmente en presenza ou en proximidade á parques e outras zonas onde os nenos poden estar xogando e correndo”.
O rexedor municipal engade que “precisamente agora, cando máis xente hai na vila, é cando temos que extremar as precaucións: non usar o móbil ao volante, ir coa vista pendente das nosas estradas,… Para gozar dun verán tranquilo debemos evitar sustos e así agradecerémolo todas e todos”.