A Plataforma Sanitaria recollerá sinaturas para recuperar a atención primaria en Foz

AMariñaXa
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña presenta a campaña de recollida de sinaturas para recuperar a atención primaria.
Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Marina sinaturas
21 Ago 2022

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anuncia que o vindeiro martes 23 de agosto desplazaranse ata o mercado de Foz para a recollida de sinaturas que formarán parte dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida por SOS Sanidade Pública, plataforma da que somos parte.

Desde o colectivo anunciaron que esta campaña desenvolverase ao longo e ancho da comarca, tendo presenza en todos os concellos e acudindo aos eventos, mercados e actos máis importantes, sendo o mercado de Foz o primeiro deles, en horario de 11 a 13 horas.

A ILP pretende a implantación de medidas para a recuperar a Atención Primaria como parte esencial do sistema sanitario público galego. O texto da iniciativa lexislativa popular incide en medidas tan importantes como mellorar a estrutura e funcionamento dos centros de saúde, urxencias extrahospitalarias e servizo de ambulancias, garantir a presencialidade e calidade na atención,dotar de autonomía de xestión á Atención Primaria, garantir e fomentar a participación cidadá , rematar coas listas de agarda en primaria ou proporcionar unha atención sanitaria en igualdade eliminando a fenda de xénero na atención sanitaria, entre outras.

Desde o colectivo sanitario animan a todas as veciñas e veciños a que se acheguen á mesa para apoiar coa súa sinatura unha iniciativa que salve do abismo á Atención Primaria.

0.1815550327301