A Plataforma Sanitaria estará en Burela pedindo "un servizo de saúde mental digno"

AMariñaXa
A Plataforma Sanitaria presentou en Burela a moción en defensa da saúde mental que rexistrará nos concellos da Mariña.
Plataforma Sanitaria A Mariña Saude mental mocion
18 Xuño 2022

A Plataforma Sanitaria anuncia que o vindeiro martes 21 de xuño desplazará a súa Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) ao centro de saúde de Burela. Nesta ocasión o colectivo fará reclamacións colectivas demandando a cobertura dos psiquiatras que están ausentes pos diversos motivos, como primeira medida para dar solución á situación de emerxencia asistencial na que se atopa o servizo de saúde mental. "A cobertura destes profesionais permitiría poñer a andar a segunda consulta de psiquiatría , baleira nistes momentos e restablecer ao psiquiatra que atendía a unidade de continuidade de coidados e que leva así máis de un ano", di a voceira da plataforma, Montse Porteiro.

A maiores desta demanda urxente e "que precisa dunha solución inmediata, precisamos máis psicólogos clínicos, o que daría un pulo á psicoterapia e lograría reducir considerablemente a sobremedicación", di Porteiro. Desde o colectivo indican “ a psicóloga clínica que se vai contratar pode que alivie algo a situación máis seguimos a estar en inferioridade respecto ás ratios avaladas polas sociedades científicas , respecto aos profesionais do Estado e moi por debaixo da media europea”.

MESA DE RECLAMACIÓNS

O dispositivo móbil colocarase diante do centro de saúde de Burela o vindeiro martes 21 de xuño, no seu horario habitual, de 11 a 13 horas. Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña animamos a todas as veciñas e veciños a que se acheguen ata a UMAR e fagan  efectiva a súa reclamación, pois é un servizo esencial que está moi menoscabado, que atende a unha poboación moi fraxil .”Estamos a falar de que máiss de cincocentas persoas están sen unha cita”-conclúen os activistas.

0.18644404411316