A Plataforma Sanitaria denuncia que un pacienteleva agardando sete meses por un tratamento urxente

TerraChaXa | AMariñaXa
A Plataforma Sanitaria denuncia que un pacienteleva agardando sete meses por un tratamento urxente
15 Dec 2020

Unha muller mariñá vén de denunciar, no nome de seu pai, que levan agardando sete meses por un tratamento rehabilitador pautado por neurocirurxía, con carácter de urxente, tras a dupla intervención cirúrxica  á que foi sometido no Hula.

O paciente foi intervido por vez primeira en marzo do 2020 no Hula dunha estenose de canle na columna cervical, con mielopatía, en marzo de 2020. Dada a súa evolución favorable, interveñen por segunda vez en abril do mesmo problema na zona lumbar. En maio do 2020 é alta por parte do servizo de neurocirurxía do Hula, con prescripción de tratamento rehabilitador inmediato para acadar unha boa recuperación da súa mobilidade. Desde o servizo de neurocirurxía recalcaron o carácter urxente do tratamento, que debía ser realizado no seu distrito sanitario.

O paciente non foi chamado ata que pasaron dous meses da súa alta, en xullo de 2020, data na que foi vista pola única facultativa rehabilitadora que existe no hospital da Mariña e que decidiu poñelo en prioridade alta.

Malia as recomendacións da rehabilitadora o paciente segue sen ser chamado, polo que presentan reclamación en atención ao paciente sin que ata o momento lle deran solución á mesma. Desde atención ao paciente comunicáronlle que “agora xa depende do servizo de rehabilitación, máis en dito servizo informaron de que é a dirección do hospital, a través dun comité, quen decide”, explica a muller.

Como pasa o tempo e non chaman, decidiuse a contactar coa Plataforma sanitaria e presentar unha reclamación, ademais o paciente viuse obrigado a acudir a un centro privado de rehabilitación

Está a recibir tratamento rehabilitador nunha entidade privada desde a súa alta hospitalaria e correndo cos gastos derivados do mesmo, pois a recuperación da mobilidade depende da instauración precoz de rehabilitación.

Segundo comentan desde a Plataforma Sanitaria, "non se trata dun caso illado, e non é a primeira vez que se tramitan reclamacións desta índole. Desde o colectivo temos constancia de que moita xente está a acudir a profesionais privados porque o Sergas non da solución axeitada aos seus problemas de saúde, deixándoos sen a atención que precisan. É por iso que esiximos que doten aos centros sanitarios públicos dos medios humanos e materiais suficientes para que a poboación sexa atendida como se merece, sen que ninguén se vexa obrigado a acudir a centros privados porque non están sendo atendidos na sanidade pública".

O colectivo sanitario lémbralles que existe unha normativa, "a lei de garantías de prestacións sanitarias, que o Sergas está a incumplir sistemáticamente, obrigando a moita xente a pagar por asistencia sanitaria, xa que o sistema non é capaz de garantirlla, e mesmo está a causar na poboación enormes desigualdades, pois non todos poden pagar sanidade privada; é por iso que esiximos ao Sergas que cumpla coas as normativas , garantindo o cumplimento estrito dos prazos e  atendendo ás prescripcións de prioridade ou urxencia , así como á gratuidade da prestación . Cando un paciente se ve na obriga de acudir a un fisioterapeuta privado por falta de atención no sistema público, este deixa de ser gratuíto”, conclúe a coordinadora do colectivo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17177295684814