A Plataforma Sanitaria denuncia "o caos que se está a vivir no Centro de Saúde de Viveiro" con citas para o 2 de xaneiro

AMariñaXa
CIG Saúde A Mariña di que actualmente "no Centro de Saúde de Viveiro non hai pediatras tódolos días. Hoxe venres non hai pediatra"
centro saude viveiro 1
24 Nov 2023

A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia novamente a situación de caos que se está a vivir no Centro de Saúde de Viveiro e que "numerosos pacientes lle fixeron chegar". Este colectivo foi coñecedor que se van suspender as citacións dalgúns cupos  ata o próximo día 2 de xaneiro de 2024, quedando moitas persoas sen médico de familia, tendo que ser vistas por algún dos outros profesionais.

A maiores da sobrecarga que supón para o resto do cadro de persoal, ao ter que asumir estes pacientes que quedan sen médico, "centos de persoas non van poder solicitar una cita médica ao quedar sen facultativo de referencia, asignándoselle outro dos profesionais que pasan consulta ese día", din dende o colectivo. "Isto é especialmente grave na Atención Primaria, eixo fundamental do sistema sanitario público, xa que una das súas característica é a proximidade e a  confianza entre profesionais e pacientes para lograr unha relación terapéutica, empática e asertiva que favorece a boa evolución dos problemas  físicos, psicolóxicos, emocionais e sociais das persoas", sinalan.

Segundo explica Montse Porteiro, coordinadora do colectivo, “ xa desconfiamos no seu día das marabillosas novas que nos contaban na Xerencia a poucas horas da convocatoria da concentración do pasado domingo, e parece que desgraciadamente non nos equivocábamos”. Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña esiximos á xerencia e ao goberno da Xunta que deixe dunha vez por todas de enganar á xente e comece a solucionar o problemas que ten enriba,”  problemas dos que son os únicos responsables”, conclúe.

centro saude viveiro
0.20164203643799