A Plataforma Sanitaria da Mariña pide aos veciños que saian novamente á rúa na manifestación do día 19
A Plataforma Sanitaria da Mariña chamou hoxe aos veciños da Mariña para pedirlles que saian novamente á rúa o vindeiro 19 de xaneiro de 2023, na manifestación que convocan baixo o lema Contra o desmantelamento da sanidade pública.
A convocatoria responde á situación de emerxencia no que se atopa a sanidade pública, que sufre cada vez máis deterioro sin que os responsables da súa xestión poñan solucións efectivas. Así, percorrerá a localidade de Burela desde a súa saída da entrada principal do Hospital da Mariña.
Segundo o colectivo, "temos moitos motivos para sair á rúa. Seguimos a reclamar a recuperación da área sanitaria que o PP e o Goberno da Xunta eliminaron, en contra dun clamor popular que esixía o mantemento de dita área, así como tamén en contra do resto de forzas política do Parlamento e sen consensuarse tampouco cos axentes sociais. É dicir, unha medida tomada de xeito unilateral e sen contar coas maiorías sociais, que nos opuxemos frontalmente liderando a loita social que naqueles momentos se desenvolveu no país. Esta decisión trouxo consigo a centralización da maior parte dos servizos na macroárea da capital, alonxando a asistencia sanitaria das persoas".
As declaracións verquidas polos líderes do PP afirmando que a supresión da área “non ía ser percibida pola xente, que non o notariamosou que esto traería máis e mellores servizos ao tempo que nos acusaban de alarmistas e mentireiros, resultaron ser outra campaña máis de propaganda e publicidade enganosa pola proximidade de procesos electorais", engadiron. Actualmente, "cinco anos despois deste espolio, a nosa sanidade pública é mais precaria, máis alonxada das persoas ,e está proxima ao seu total desmantelamento".
Por diferentes motios fan un chamamento ao persoal sanitario, á industria, aos sectores produtivos, ao comercio e hostelería, aos alcaldes, alcaldesas e corporacións municipais, ao tecido asociativo e , ao fin a toda a sociedade mariñá para que acuda o día 19 de xaneiro ás 20.00 horas á manifestación.
Xa no pasado a loita multitudinaria e continuada logrou que o hospital fora ampliado, "aínda que nós pediamos tamén servizos e logrou que próximamente nos coloquen unha resonancia fixa (reclamación histórica deste colectivo), que non estaba nos seus plans e que se vai facer grazas a fondos europeos que teñen que invertirse e estar en funcionamento neste ano", engaden dende a Plataforma.