A Plataforma pola Paz da Mariña Lucense pide a reflexión sobre a crise de Gaza nos centros educativos
AMariñaXa
Solicitan que se impulse a reflexión “sobre as graves violacións dos Dereitos Humanos que ocasionan as guerras que estamos sufrindo a nivel mundial"
Imaxe dunha manifestación
25 May 2024
A Plataforma pola Paz da Mariña Lucense e Occidente Asturiano remitiu unha carta a todos os centros educativos da comarca, facendo un chamamento para que se fomente neles a reflexión entre o profesorado e o alumnado sobre os conflitos bélicos que se suceden.
Piden que se impulse a reflexión na comunidade educativa “sobre as graves violacións dos Dereitos Humanos que ocasionan as guerras que estamos sufrindo a nivel mundial e especialmente a día de hoxe o xenocidio que sufre o pobo de Gaza, sen precedentes dende a Segunda Guerra Mundial”. Tamén ofreceu a súa colaboración para levar adiante os actos que se pretenda realizar, na forma que cada centro considere conveniente.