A Plataforma Pola Dignidade da Atención Primaria mobilizarase o día 9

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Plataforma Pola Dignidade da Atención Primaria quere facer un chamamento para que, o vindeiro 9 de febreiro, os veciños de Viveiro acudan á manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública.
4 Feb 2020

Consideran que é necesario seguir mobilizándose para conseguir un servizo sanitario de calidade e polo que entenden que a supresión da área sanitaria da Mariña supón uns graves prexuízos, que xa están a sufrir no centro de saúde.

"Queremos aproveitar a ocasión para agradecer a todos os veciños que cada xoves se concentran diante do centro de saúde de Viveiro e tamén a todos aqueles que xa se apuntaron para acudir o vindeiro 9 de febreiro á mobilización cidadá convocada; xa hai un autobús completo", din dende a Plataforma.

Para apuntarse a mobilización haberá que chamar ao teléfono 660 985 745.

0.16165399551392