A Plataforma para a Defensa das Árbores de Ribadeo recolleu 541 sinaturas

AMariñaXa
"Agardamos que se teña en conta esta opinión de un sector significativo de veciñanza", sinalan desde o colectivo
tala-arbores-concello-ribadeo-2025--1
23 Jan 2025

A Plataforma para a Defensa das Árbores da Vila e do Concello de Ribadeo vén de informar que xa presentou no Rexistro do Concello de Ribadeo as sinaturas recollidas da veciñanza contra as cortas indiscriminadas de árbores no Colexio Público e noutros puntos do casco urbano.

Así, solicitan que se repoñan as árbores derrubadas, que non se prodiguen estas cortas no sucesivo e que se informe ao vecindario dos proxectos de obras no Parque Municipal, no Campo de Santa María e fronte das vivendas sociais que foron anunciadas polo alcalde nos medios de comunicación.

En total recolléronse 541 sinaturas, o domingo, día 12 de xaneiro na praza de España e o mércores, día 15, no mercado que non chegaron a catro horas.
O colectivo sinala que "tendo en conta que esta recollida de sinaturas produciuse no mes de xaneiro, en poucas horas e en condicións climáticas moi adversas pode entenderse que en Ribadeo existe unha grande sensibilidade social en relación cas cortas indiscriminadas de árbores e un temor xustificado a que estas se estendan nos próximos meses. Maiormente cando o Concello segue sen dar unha información axeitada dos seus proxectos e existen moitas dúbidas e contradicións nas declaracións do alcalde".
"Agardamos que se teña en conta esta opinión de un sector significativo de veciñanza e seguiremos na teima de vixiar e denunciar novas cortas en caso de chegasen a producirse e pular por un Ribadeo mais verde, onde as árbores conviden a unha maior proximidade ca natureza, unha mellor convivencia, un medio ambiente máis san e uns espazos públicos mais atractivos para os visitantes", rematan dicindo.
0.16780304908752