A plataforma de contratos do Estado publicou a licitación das obras da estrada dos Garitos
TerraChaXa | AMariñaXa
A plataforma de contratos do Estado publicou a licitación das obras da estrada dos Garitos, que suporán un investimento de 359.000 euros.
3 Dec 2020
A plataforma de contratos do Estado publicou a licitación das obras de mellora da estrada dos Garitos, que suporán un investimento de 359.000 euros.
Así, licitanse as obras de acondicionamento e renovación da estrada da estación por un importe de 359.716 euros, dos que o 78% destes recursos son aportados pola Deputación de Lugo e o resto, uns 79.000 euros, son aportados polo Concello de Ribadeo a través dos recursos propios.
O prazo para a execución destas obras, unha vez adxudicadas, será de cinco meses e agora durante vinte días naturais as empresas cualificadas para facer estas obras van poder presentar as ofertas para que poidamos escoller a mellor, de acordo cos criterios que se establecen nos pregos de contratos.