A Plataforma de Afectados pola subida das tarifas da residencia de Foz denuncia contías abusivas e desproporcionadas

Foz
AMariñaXa
O Grupo Municipal Popular de Foz solicitará un pleno extraordinario no caso de que o alcalde non chegue a un acordo coa Plataforma
maiores-residencia-coidado-saf
Imaxe de arquivo
27 Xuño 2024

A Plataforma de Afectados pola subida abusiva de tarifas na Residencia da Terceira Idade e Centro de Dia de Foz, “que nos pretende implantar de forma unilateral e sen interlocución algunha cos afectados o actual equipo de goberno do Concello de Foz”, denuncia publicamente a falta de vontade política por parte do Equipo de Goberno. Aseguran que non  se opoñen a unha suba das tarifas pero si na contías que se queren implantar, asegurando que supoñen uns 700,3 ao mes por usuario, unha cantidade “abusiva, desproporcionada e fóra da realidade, xa que é máis do 55,3 das actuais)

A proposta da plataforma consiste en que usuarios e familias asuman un incremento igual ao do IPC acumulado dos últimos 5 meses, que ascende a un 20,2 % e, a partir da nova concesión, ir incrementando os prezos conforme ao IPC, de non ser así, “estaríamos a pagar xa inicialmente o impacto dunha suposta inflación de 6 anos”, lamentan.

Lembran que mantiveron dúas reunións “infrutuosas co alcalde” e que de non adoptarse algunha medida para minimizar parte dese incremento da nova concesión “repercutirían nos usuarios actuais e futuros da lista de espera”. En canto ás afirmacións do alcalde sobre que están consignados nos Orzamentos deste ano unha partida de 270.000 euros para Axudas de Emerxencia Social aseguran que serían os familiares de primeiro grado os que terían que pagar a diferenza e que as axudas só se aplican nos casos en que a capacidade económica do usuario e dos seus familiares de primeira grado resulte insuficiente para o pago da cota.

Aínda que os prezos de licitación están aprobados en Pleno, pensan que a iniciativa presentada favorece “unha suba progresiva no tempo e que pode ser asumida polos usuarios e as súas familias”. Recordan que a residencia de Foz é un referente en toda a comarca polo bo facer cos residentes e usuarios do centro de día, o que se reflicte nas amplas listas de espera.

Prazos máis altos da contorna

O problema coas tarifas, afirman, vén xerado polo “actual Equipo de Goberno do Concello”, e parte “dunha formulación inicial errónea sobre un Estudo de Viabilidade elaborado por unha empresa consultora externa sen que ninguén dese Equipo de Goberno expuxese ningún reparo respecto diso”. Para a plataforma o estudo o único que pretende é favorecer os intereses da empresa concesionaria.

Ademais, argumentan que os prazos que se pretenden implantar resultarían “os máis elevados de todas as residencias públicas e privadas da nosa contorna, quedado encadrada no rango das máis caras de toda a provincia”. Expoñen que os prazos máximos para as residencias da Deputación como a de Ribadeo, son de 1.080 para os de menos dependencia e de 1.390 para os de maior, mentres que na residencia de Foz sería “de 1.630 e de 2.012 respectivamente, así os veciños de Foz terán que pagar uns 600 euros máis ao mes máis que os de Ribadeo”.

O PP solicitará un pleno extraordinario

O Grupo Municipal Popular de Foz solicitará un pleno extraordinario no caso de que o alcalde non chegue a un acordo coa Plataforma de Familiares de Usuarios da Residencia de Maiores no prazo dunha semana. Neste sentido, o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira, considera que a plataforma ten razón e que “a solución non son as axudas de emerxencia, a solución é un canon directo do Concello á empresa para que rebaixe as taxas en función das propias posibilidades dos usuarios”.

A solución proposta polo Partido Popular, "a cal comparte a plataforma, non reporta máis gasto ao Concello, só hai que reordenalo; parte destinalo a axudas de emerxencia para casos extraordinarios e parte para o canon que afecte a todos os residentes”, sinala Javier Castiñeira. Ademais, esta medida debe estar clara antes de que o Concello firme o novo contrato posto que deberá comprometerse coa empresa a pagar o canon acordado mes a mes. Polo tanto, o PP propoñerá, que se estableza este canon e espera que o BNG pase de ser muleta de Cajoto a ser útil para Foz e, neste caso, para os usuarios da residencia de maiores.

 

0.12953615188599