A plataforma de afectados da residencia e centro de día de Foz expón as súas demandas

Foz
AMariñaXa
Asistiron ás xornadas do Foro Social da Mariña e entregaron o seu escrito ás participantes dos tres partidos
maiores-servicio-de-axuda-no-fogar1
Imaxe de arquivo
30 Xuño 2024

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas na Residencia e Centro de Día de Foz acudiu ás xornadas do Foro Social dá Mariña para expoñer a súa situación e demandas ás representantes políticas autonómicas e nacionais participantes.

Así mesmo, a Plataforma nega que se chegara a ningún acordo co alcalde de Foz respecto ao conflito suscitado.

O pasado venres, día 28 de xuño, organizado polo Foro Social da Mariña, celebrouse no Cenima de Foz un evento baixo o título Servizos sociais básicos: avaliación e retos de futuro. Nesta a súa segunda xornada participaron como relatoras Patricia Otero, deputada do PSOE no Congreso; Olalla Rodil, deputada do BNG no Parlamento de Galicia, e Raquel Arias, tamén deputada autonómica, no seu caso polo Partido Popular.

"Sendo todas elas cargos relevantes a nivel autonómico e nacional dos tres partidos políticos que hoxe en día contan con representación na corporación do Concello de Foz, e dada a evidente relación dos temas tratados coa situación que inxustamente estamos a padecer, ao encontro acudimos un nutrido grupo de membros desta Plataforma", explicaron.

Unha vez finalizado o acto, fixéronlles entrega dunha copia do mesmo escrito que presentaron ao alcalde de Foz o pasado 18 de xuño, e ás agrupacións locais das súas tres formacións políticas o día 25. "Ás tres relatores, sen excepción, queremos manifestarlles publicamente por este medio o noso sincero agradecemento pola súa amabilidade e boa disposición á hora de escoitar as nosas demandas. Agradecemento que estendemos aos organizadores das xornadas por permitirnos presentar o noso caso ás súas invitadas", engadiron.

Ao mesmo tempo, consideran necesario saír ao paso das últimas declaracións públicas realizadas polo alcalde de Foz. Textualmente, segundo recollía algún medios o día 27 de xuño, Fran Cajoto explica que despois de dúas reunións o que se acordou é destinar unha partida de emerxencia social por importe de 240.000 euros, “tras estudar os casos de maneira individual ningún dos actuais usuarios da Residencia quede fóra”, sinalou, para engadir que a nova concesionaria non entrará ata agosto, pois teñen que resolverse aínda impugnacións da anterior empresa.

A este respecto, "vémonos obrigados a responderlle e poñer en coñecemento da opinión pública que, de novo, o alcalde non di toda a verdade: é certo que mantivemos dúas reunións con el, pero non é certo que chegásemos a algún acordo", din.

Na segunda delas presnetaron o escrito ao que fixeron mención, "no cal, como é sabido, poñiamos de manifestó o noso frontal rexeitamento á subida desproporcionada e abusiva das tarifas e propoñiámoslle, detallada e razonadamente, alternativas para paliar, polo menos en parte, o prexuízo que se vai a causar ás familias. En ambas, tratouse pormenorizadamente o tema das axudas sociais de emerxencia, e ratificóuselle a nosa postura no relativo a estas: tal e como están reguladas na ordenanza vixente, ditas axudas non son aplicables á maioría dos residentes, apreciación que lle corroboraron os técnicos municipais na nosa presenza. Isto convérteas, e como tales considerámolas, nun anuncio político oco, unha solución falsa formulada para a galería pero sen contido real. Á data de emisión deste comunicado, seguimos sen recibir ningunha contrapropuesta pola súa banda", conclúen.

0.089626789093018