A Plataforma de Afectados da Residencia e Centro de Día de Foz convoca unha asemblea

Foz
AMariñaXa
A Plataforma nesta asamblea estudará os próximos pasos a seguir, todos eles encamiñados a acadar unha suba non abusiva, reflexada nuns prezos xustos
plataforma-residencia-foz-con-tres-deputadas
21 Xul 2024

A plataforma de afectados pola subida de tarifas da Residencia e Centro de Día de Foz convoca para o próximo 23 de xullo, ás 20.00 horas, no Cenima de Foz, unha asemblea para analizar o resultado do Pleno no que, "a pesar das artimañas do alcalde practicando unha política do “Ordeno e Mando”, sen ningún acordo previo coas partes implicadas, incluíndo ao seu socio de goberno e familiares de residentes, non se validou, grazas aos votos motivados do PP e do BNG, a aprobación definitiva da licitación do contrato de concesión do servizo de residencia e centro de día do Concello de Foz", din desde a plataforma.

Así, din que valoran moi positivamente que, "debido aos números vicios e anomalías de todo o proceso, entre os que caben destacar as dúas anulacións do Tribunal de Contratos da Xunta, unha sobre a licitación e outra sobre a mesa de contratación, os grupos do PP e do BNG argumentaran en contra da aprobación definitiva".

Así mesmo, a Plataforma nesta asamblea estudará os próximos pasos a seguir, todos eles encamiñados a acadar unha suba non abusiva, reflexada nuns prezos xustos, para os actuais e futuros usuarios da Residencia e Centro de Día de Foz, e dos que dará cumprida conta tanto á opinión pública focense como as institucións pertinentes", conclúen.

0.19428610801697