A piscina municipal de Xove publicou os horarios para esta nova tempada

AMariñaXa
A piscina municipal de Xove publicou os horarios para o público xeral para esta nova tempada que abrangue dende ata maio do 2023.
piscina municipal xove natacion
piscina municipal xove natacion
1 sep 2022

A piscina municipal de Xove vén de facer público os horarios para o público xeral para esta nova tempada que abrangue dende este mes de setembro e ata maio do 2023.

Así, de luns a venres a piscina abrirá as súas portas de 10.00 a 13.00 horas e pola tarde de 16.00a 22.00 horas. Os sábado abrirá de 10.30 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

A entrada para bañarse ten un prezo de 4 euros adultos e 2 para nenos de menos de 16 anos, sempre e cando non sexan abonados.

Para máis información sobre facerse socio, abonos, bonos ou cursos na escola de natación haberá que chamar aos teléfonos 982 592 205 ou 609 134 320.

piscina xove 2022 horario
0.20254492759705