A piscina municipal de Viveiro manterase pechada ao público
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa aos veciños que, polo momento, a piscina municipal permanecerá pechada.
25 Jun 2020
O Concello de Viveiro informa aos veciños que, polo momento, a piscina municipal permanecerá pechada.
Esta decisión adoptouse tendo en conta as especiais características das súas instalacións e atendendo as medidas específicas que as autoridades competentes esixen para a súa apertura polo que, non sendo posible garantir o seu cumprimento, manterase nesta situación para preservar a seguridade e saúde pública.
Nestas circunstancias, estase aproveitando para facer labores de mantemento, atendendo, ademais, ás necesidades específicas que estas instalacións requiren polo feito de levar un longo período de tempo pechadas, o que motivou, entre outras cuestións, que fose necesario proceder ao baleirado da auga da piscina.